Nota informativa

Estimad@s pais e nais:

Debido á actual pandemia do COVID-19, e ante a falta de instruccións por parte das autoridades correspondentes, temos que informarvos que dende a ANPA, non podemos garantizar de momento o inicio para o curso que ven (2020-2021) dos servicios de madrugadores, comedor e actividades extraescolares.

O espacio destinado ao servicio de comedor e según está decretado a data de hoxe para establecementos abertos ao público en canto a un acceso e aforo, so poderiamos dar acceso a unha media de 25-35 nenos por turno, todo isto segundo os nosos propios cálculos, para que se garden as medidas de distanciamento e hixiénico-sanitarias oportunas.

Por todo iso queremos que pensedes que a volta ao novo curso non vai a ser fácil para ninguén e que se deberán seguir todas aquelas instruccións das autoridades correspondentes.

A nosa intención xeral é buscar solucións para estos servizos, intentando a conciliación laboral-familiar, dando prioridade a aquelas familias que acrediten o horario laboral, xa que é o afán polo que naceron os comedores escolares.

Por tanto, seguiremos informando puntualmente de todo aquelo que nos afecte neste sentido, a través dos medios habituais, por iso non se realizarán reservas de prazas do comedor ou madrugadores hasta novo aviso.

Esperemos que todos vos encontredes ben e que podamos vernos o antes
posible.

Un cordial saúdo.

Deixa o teu comentario