Benqueridas familias, ainda que tarde e con escasa e incompleta información, a concellaría de deportes enviounos o programa de natación.
Este programa está dirixido aos rapaces de 3º e 4º de primaria os luns. A recollida será as 15:45 en cada centro e serán devoltos as 18:10. A actividade levarase a cabo no Club del Mar e temos 15 prazas asignada por orden de inscrpción. A actividade será dende o 14 de outubro ata o 30 de maio. O coste será de 55,07 nun único pago (inclúe a actividade, o transporte e un seguro).
A preinscripción será no ANPA. Estaremos de maneira excepcional dende o luns 23 ata o xoves 26 en horario de 16h ata as 18h. Unha vez preinscritos as familias teredes que entregar no Centro Deportivo correspondente , o Club del Mar de San Amaro, o TALÓN DE PAGO cuberto para formalizar a inscripción dende o 30 de setembro ao 4 de outubro.
Adxuntamos toda aa información recibida e o talón de pago.