COMEZO CURSO

Benqueridas familias, comezamos o curso!!!!!!

As actividades que comezan dende o principio son: Cóxegas en horario de 16h a 17h, judo en horario de martes e xoves de 16h a 18h, fútbol lúns e venres de 16h a 18h (coas respectivas franxas de idade) e actividade de bloncesto privada dirixida a 1º, 2º e 3º os lúns e mércores.

Estamos pendentes de arrincar as actividades de Ser Ocio o antes posible, temos que arranxar temas de loxística (zumba, petit chef e apoio escolar).

En canto se cerren as actividades de federación indicaremos o horario final de actividades para outubro.

Dende o comezo de curso estaremos de maneira presencial os luns e mércores de 16 a 18h. Se algunha familia necesita falar con nós en outros horarios pode enviar un correo e concertarase cita.

Deixa o teu comentario