Cheques comedor

Benqueridas familias, xa temos feito o reparto da subvención. Como sabedes a ANPA pide unha subvención e as reparte entre os usuarios de comedor (fixos ou esporádicos). Esta subvención corresponde ao curso 2022/2023. Pedimos desculpas pola tardanza pero facemos o que podemos . Se queredes as cousas máis rápidas sexamos máis personas no ANPA.

Como os últimos anos podemos facer cheque ou transferencia bancaria (ten un coste de dous euros por comisión bancaria). Estamos no ANPA os luns e mércores de 16 a 18.

RECORDAMOS a necesidade de que os usuarios de comedor e actividades sexan soci@s do ANPA.

Deixa o teu comentario