Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do estado de alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, o prazo de 10 días para presentar a solicitude quedou suspendido. Iníciase agora, o vindeiro luns 1 de xuño de 2020.
O prazo é de 10 días hábiles, é dicir, do 1 ao 12 de xuño, ambos incluídos. En todo caso, se as circunstancias o requiren e para facilitar ao máximo o proceso de solicitude, propoñerase a ampliación do prazo para a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local, o que se informará oportunamente polos medios habituais.
Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, na web do concello da Coruña e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es).
Podedes ver o resto da información na seguinte ligazón: https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/bolsas-de-comedor-curso-2020-2021-novidades-e-prazos/suceso/1453733489691